S.24 AMÓSTRAME, SEÑOR, OS TEUS CAMIÑOS (m+v)
AMÓSTRAME, SEÑOR (S.24)
(Xosé Ramón Estévez)
Amóstrame, Señor, os teus camiños,
ensíname os teus vieiros.
- Amóstrame, Señor, os teus camiños,
ensíname os teus vieiros.
Diríxeme conforme á túa verdade,
pois Ti e-lo meu Deus e Salvador.
- O señor é bo e de recto proceder,
amóstralle o camiño ós pecadentos;
ós humildes ensínalle-lo vieiro,
e fainos camiñar en santidade.
- Tódolos camiños de Señor
son misericordia e lealdade
para os que gardan a súa alianza
e tamén os seus mandatos.
Non hai segredos entre o Señor e os seus fieis,
faralles coñece-la súa alianza.