S.149 ANQUE VOU POLO MUNDO (m)
ANQUE VOU POLO MUNDO (S.149)
(Xabier Méndez)
Anque vou polo mundo camiñando baixo o sol,
en colleito polo peso de esta miña seria,
meu espírito está cheo de ledicia,
agardando o relampo da gloria do meu Deus.
-Cantémoslle ó Señor unha cantiga nova
louvémolo todos, pois sómo-los seus fillos:
que hoxe brinque ledicioso o pobo de Israel:
o Señor é o noso Deus, é o noso Rei.
-Ensalcémolo seu Nome cantando e bailando;
cantémoslle ó son da gaita e do pandeiro,
pois El sempre quérelle ben ó seu pobo
dándolle o triunfo decote ós que son fillos seus.
-Xa están reloucando de gloria os seus fillos,
enchéndolle a casa cos ledos aturuxos:
teñen roucas as gorxas de tanto cantar,
apreixando na man as súas espadas.
-Humíllanse tódolos pobos da terra
e veñen os reis baixando a cabeza,
pra poñerse ó servicio dos fillos de Deus,
dos que buscaron no Señor a súa defensa.