S.44 CANTO NUPCIAL (m)
CANTO NUPCIAL (S.44)
(Xosé Ramón Estévez)
FERMOSAS VERBAS BOLEN NO MEU CORAZÓN,
BOLEN NO MEU CORAZÓN FERMOSAS PALABRAS,
O MEU AMADO PRA MIN, EU TAMÉN PRO MEU AMADO.
Bolen no corazón fermosas verbas,
adícolle ó Rei o meu poema.
E-lo máis fermoso dos fillos dos homes,
a gracia desborda nos teus beizos;
por iso bendíxote Deus para sempre.
Escoita, filla, mira e inclina o teu oído:
esquece o teu pobo e a casa do teu pai.
Prendado está o Rei da túa beleza;
póstrate diante del, que é o teu Señor.
Toda radiante entra a princesa,
bordados en ouro os seus vestidos.
Así enfeitada lévana diante do Rei,
e detrás dela as virxes, as súas compañeiras.
Lévannas con ledicia e algueireo,
entran no pazo do Rei.
No canto dos teus pais terás fillos;
faralos príncipes sobre toda a terra.