S.23 EU QUERO CANTARCHE (m)
EU QUERO CANTARCHE (S.23)
(Xabier Méndez)
Eu quero cantarche louvanzas, Señor,
unido con tódolos pobos da terra
porque todos somos irmáns
que debemos loitar por un mundo mellor.
- O Señor é o dono da terra e de canto hai:
do mundo e máis dos seres que nel viven,
pois El cimentouna sobre os mares,
e enriba das augas dos ríos asentouna.
- Quen poderá subir ó monte do Señor?
Quen poderá ficar no seu santuario?
Aquel que tiver as mans inocentes,
e limpo o seu corazón;
o que non se deixe levar das apariencias,
nin lle minta ó seu próximo
xurando con falsía.
- E se acadará pra si a gracia do Señor
e faralle xustiza o Deus da salvación:
Velaquí a gran familia dos que buscan ó Señor,
veñen axeonllarse ante Ti, Deus de Xacob.
- Abrídevos portas e cancelas,
arredádevos tamén portóns antigos
pra que poida pasar o Rei da Gloria,
o Señor poderoso na batalla.