S.33 GUSTADE E VEDE (m)
VÍDEO: www.youtube.com/watch?v=dNDQCW1-ffs
GUSTADE E VEDE (S.33)
(Xosé Ramón Estévez)
Gustade e vede que bo é o Señor,
gustade e vede que bo é o Señor,
que bo é o Señor.
- Bendicirei ó Señor en todo tempo,
non se vai da miña boca a súa louvanza.
Gloríase no Señor a miña alma,
que escoiten os humildes e se aleden.
- Cantade comigo as grandezas do Señor,
exaltémo-lo seu Nome xuntamente.
Pedinlle ó Señor o seu consello e atendeume
e libroume das minas angurias e temores.
- Mirádeo e ficaredes radiantes,
a vosa cara non se avermellará.
Chama un pobre ó Señor e El escóitano
e líbrao de tódalas angurias.