S.120 LEVANTO OS MEUS OLLOS (m)
LEVANTO OS MEUS OLLOS (S.120)
(Xabier Méndez)
Levanto os meus ollos cara ós montes
en procura da túa axuda, meu Deus,
pois de Ti vaime vi-la miña axuda:
de Ti que fixéche-la terra e mailo ceo.
- El non deixa que esvaren os teus pés;
non se durme vixiando a túa porta,
non se durme nin acouga
matinando na defensa do seu pobo, Israel.
- El alonxa todo mal da túa vida
ó librar do seu pecado a túa alma:
o Señor vai seguindo as túas pisadas,
vai agora e pra sempre eternamente.
- Agarímate o Señor coa súa sombra,
El deféndete coa forza do seu brazo
pra que o sol polo día non te queime,
nin a lúa te tolla pola noite.