S.121 MOITO ME ALEGREI (m)
MOITO ME ALEGREI (S.121)
(Xabier Méndez)
Moito me alegrei cando me dixeron:
“Ímonos ir á casa do Señor”
- Xa están petando lediciosos os meus pés
no limiar das túas portas, Xerusalén.
Aquí veñen subindo as tribos de Israel,
pra celebra-lo Nome do Señor.
- Xerusalén está tan bem concertada
como vila que asenta sobre pedra.
Nela ten a xustiza o seu trono,
na casa do noso santo Rei David.
- Que haxa paz nesta nosa cidade,
vivan ben os que son os teus amigos.
Que haxa paz nas súas murallas;
teñan acougo todos nas súas casas.
- Polos meus irmáns e meus compañeiros
eu direiche: ”Que a paz sexa contigo”.
Pola casa do Señor, o noso Deus,
eu quero que disfrutes todo ben.