S.22 O SEÑOR APÁSTAME (m)
O SEÑOR APÁSTAME (S.22)
(Mª do Carme Villar)
O Señor apástame, nada me falta.
- Lévame xunto as augas onde repouse,
enfortece a miña alma;
lévame por vereas dereitas por mor do seu nome.
- Inda que ande por valgadas tenebrosas,
non temerei males; porque Ti estás comigo,
a túa vara e o teu caxato son o meu consolo.
- Prepárasme unha mesa frente ós meus adversarios,
unxes con óleo a miña testa,
o meu cáliz está moi cheo.
- A benignidade e a gracia
seguiranme tódolos días da miña vida
e morarei por moito tempo na casa do Señor.