S.15 O SEÑOR É A MIÑA HERDANZA (m)
O SEÑOR É A MIÑA HERDANZA (S.15)
(Adolfo Ramonde Lago)
O Señor é a miña herdanza, a miña copa.
- O Señor é a miña herdanza, a miña copa;
na túa man está a miña sorte,
tocoune a parte máis fermosa,
estou ledo coa miña herdanza.
- Hei bendicir ó señor, meu conselleiro,
ata pola noite El é a miña axuda,
sempre teño presente ó meu Señor.
El está á miña dereita, non teño medo.
- Por iso teño ledo o meu corazón,
e gozo interiormente con serenidade,
porque non serei entregado á morte,
non deixarás que morra o teu amigo.
- Hasme ensina-lo camiño da vida,
encherasme de gozo diante de Ti;
hei atopar en Ti a gran ledicia,
ledo para sempre á túa dereita.