S.67 O SEÑOR REXURDIU, ALELUIA (m)
O SEÑOR REXURDIU (S.67)
(Xabier Méndez)
O Señor rexurdiu, aleluia,
para levarnos da súa man
cara ó reino prometido
da xustiza e da verdade.
-Érguese xa o noso Deus e Señor,
escamállanse tódolos nosos inimigos;
todos fuxen mortos de medo,
sentíndose agora vencidos, oh, Señor.
-Vanse esvaíndo sen deixar rastro,
e son como o fume que se esmorece:
tal como a cera preto do lume,
esborrélanse eles diante de Deus, oh Señor.
-El acolle ós que están desvalidos,
e Pai dos orfos, tutor das viúvas;
El desfai as cadeas dos presos,
El enche de bens ós cautivos, oh Señor.
-Reis da terá cantádelle a Deus,
entoádelle salmos ó Deus de Israel:
acatade todos o seu poder,
pois El ten o seu trono nas nubes do ceo, oh Señor.
-Sexa louvado o Señor cada día,
El salvounos cargandoo coa nosa miseria;
El arrincounos dos lazos da morte,
esmagou a soberbia dos nosos inimigos, oh, Señor.