S.90 Ó AGARIMO DO ALTÍSIMO (m)
Ó AGARIMO DO ALTÍSIMO (S.90)
(Mª do Carme Villar)
Ó agarimo do Altísimo,
non temerei as tebras da noite.
- O que habita ó agarimo do Altísimo
e mora á sombra do Omnipotente,
dígalle ó Señor: “Meu refuxio, miña forza,
meu Deus en quen confio”.
- El é quen libra do brazo do cazador
e da peste maligna.
Cóbrete coas súas plumas, protéxete coas súas ás,
escóndete co seu brazo e deféndete.
- Non temera-las sorpresas da noite,
nin as frechas que voan polo día,
nin a peste que ronda nas tebras,
nin o andazo que estraga ó mediodía.
- Abofé o Señor é o teu refuxio,
tes no Altísimo a defensa.
Ningún mal te atinguirá,
ningunha praga se achegará á túa tenda.
- Levarante nas palmas das mans,
para que non batan nas pedras os teus pés.
Triparás áspides e serpes,
calcarás leóns e dragóns.
- Gloria ó Pai e ó Fillo e o Espírito Santo,
como era no principio,
agora e sempre por séculos de séculos.
Amén.