S.103 BENDICE Ó SEÑOR
BENDICE Ó SEÑOR (S. 103)
(Xesús Portas Ferro / Isauro García)
BENDICE , ALMA MIÑA, Ó SEÑOR
E TODO O MEU SER O TEU SANTO NOME.
BENDICE , ALMA MIÑA, Ó SEÑOR
E QUE NON CHE ESQUEZA O BEN QUE CHE FIXO.
- El perdoouche as túas culpas
e curouche a túa enfermidade.
El tiroute do foxo en que caeras
e cercoute de misericordia e agarimo.
- O Señor é misericordioso e benigno,
cheo de paciencia e indulxente;
non nos trata conforme o que pecamos,
non nos paga co castigo merecido.
- Como se eleva o ceo sobre a terra,
a bondade de Deus sobre o pobo.
Como dista o abrente do poñenete,
arredou das nosas vida o pecado.