S.143 ESCOITA, SEÑOR, A MIÑA ORACIÓN
ESCOITA, SEÑOR, A MIÑA ORACIÓN
(Carlos Otero Padín )
ESCOITA, SEÑOR, A MIÑA ORACIÓN.
RESPÓNDEME AXIÑA E FAIME SENTIR
TODO O TEU FAVOR, POIS CONFÍO EN TI.
ESCOITA, SEÑOR, A MIÑA ORACIÓN.
Pola túa fidelidade atende a miña súplica,
respóndeme pola túa xustiza
Non veñas a xuizo co teu servo
pois ante Ti ningún vivente é xusto.
Recordo os tempos pasados,
medito as túas obras todas,
considero as túas marabillas;
estendo a Ti as miñas mans
como a terra reseca,
a miña alma ten sede de Ti.