S.25 AMÓSTRAME, SEÑOR, OS TEUS CAMIÑOS
AMÓSTRAME, SEÑOR, OS TEUS CAMIÑOS (S.25)
AMÓSTRAME, SEÑOR, OS CAMIÑOS DA VIDA
AMÓSTRAME, SEÑOR, OS TEUS CAMIÑOS. (2)
- Gárdame, Señor, que me acollo a Ti;
eu dígolle ao Señor, Ti e-la miña vida.
O Señor é a miña herdanza, é a miña copa,
na súa man está posta a miña sorte.
- Bendigo ao Señor porque me aconsella,
porque mesmo na noite o meu corazón reprende.
Teño sempre ao Señor diante de min,
estando El á miña dereita, síntome tranquilo.
Camiñarei sempre na túa presenza
polo camiño da vida.
Camiñarei a pé sabendo
que Ti e-la miña confianza.
Señor, acompaña coa túa música
os meus pasos cansados
e cantarei sempre
as túas misericordias.
Amóstrame os camiños da vida,
éncheme de gozo coa túa presenza,
dunha eterna ledicia á túa dereita.