S.96 CONTADE AS MARABILLAS DO SEÑOR (V)
CONTADE AS MARABILLAS
(A. Suárez Carneiro-Isauro García)
CONTADE AS MARABILLAS DO SEÑOR
A TÓDALAS NACIÓNS
Cantade as marabillas do Señor
a tódalas nacións.
Que o Señor teña piedade de nós,
agarimándonos coa súa bendición,
que alumee os nosos pasos coa luz
dos seus ollos,
que o mundo coñeza os seus camiños.
Que lle canten lediciosas as nacións,
pois El goberna a terra con xusticia,
domina con rectitude a tódalas xentes
que te respecten dunha estrema
á outra do mundo.