S.84 TI, SEÑOR, FUCHES BO (m)
TI, SEÑOR, FUCHES BO (S.84)
(Xabier Méndez)
Ti, Señor, fuches bo coa túa terra,
pois troxécheslle a sorte a Israel,
Ti lle déche-lo perdón ó teu pobo,
perdoándolle os seus moitos pecados.
- Restaura, Señor, a gloria da túa nación;
non te alporices xamais contra nós;
nunca nos torzas, Señor, Ti a cara.
Ti non sigas connosco irritado.
- Ti nos has de infundir nova vida
pra que o teu pobo sinta a ledicia:
amóstranos, Señor, a túa piedade,
e dáno-lo agarimo da túa salvación.
- Escoitade o que fala o Señor noso Deus,
pois El estanos falando da paz pro seu pobo
e pros seus amigos
e pros que se lle converten de corazón.
- O noso Deus mandaráno-la chuvia
pra que as nosas leiras dean froito:
entón haberá mais xustiza na terra,
pra que así todos teñamos acougo.