A FONTE DA VIDA 1
A FONTE DA VIDA
( Carlos Otero Padín )
TEÑO EN TI A FONTE DA VIDA.
QUE Ó PASAR AS AUGAS REBRILLAN
Ó SENTIR DO ARUME FORTE
QUE ADORMECE A NOITE
TENRA, NOVA, DE LUAR.
Nacerá a esperanza, brillará o sol
e o teu rostro asoma, meu Deus Redentor.
Xurdirán as cores, corisco axexou (1)
e nun val alumeará as súas paixóns.
Noite nova, esperta chea de ilusión
dóce soño que ficou xunto a Ti, Señor.
A fonte da vida de todo acadou
neste longo camiñar, na túa Bendición.
(1) Corisco: trebón de auga fría ou de neve miúda con fortes ventos.
Vento frío e forte.