QUEREMOS CEAR CONTIGO
QUEREMOS CEAR CONTIGO
(Antón Fernández León)
QUE CLARA FOI A PALABRA
E QUE CURTO AQUEL CAMIÑO!
NON TE VAIAS, PEREGRINO,
QUEREMOS CEAR CONTIGO!
Marchábanse conversando, iban tristes e sen tino
aqueles dous de Emaús pola ausencia do amigo.
Camiñan sen esperanza e tamén con pouca fe
e nisto faise presente Xesús, o amigo fiel.
Mais non o recoñeceron na conversa do camino,
só descubriron quen era ó entregarlle o Pan e o Viño.
Non hai medo nin tristeza porque a fe xa está prendida,
no corazón hai quentura, volveuse a esperanza viva.
Xesús, Ti e-la nosa Vida, e-lo banquete divino,
acénde-los corazóns coa conversa do camino.
Si chamas á miña porta, heiche abrir de par en par
para sentármonos xuntos e verte parti-lo pan.