CANTO DE COMUNIÓN (m)
CANTO DE COMUNIÓN
(Andrés Gª Vilariño/Xosé Cruz Romero)
Arredor do mantel limpo,
que branquea o teu altar,
mantense o teu pobo unido
coa gracia de Cristo-pan. (2)
- Os grans de trigo dispersos fariña branca se fan.
Os homes do mundo todo, pobo de Cristo serán.
- As uvas en un bacelo, prensadas o viño fan.
Homes de Xto nacidos, somos un pobo de irmáns.
- Anunciamos que estás vivo, Señor, presente no pan.
Somos membros do teu Corpo, somos semente de paz.
- Camiñamos para Ti polo deserto areal.
Ti renóva-la esperanza da victoria sobre o mal.
- Achegados a esta mesa na que puxéche-lo pan,
facémonos un con Cristo, gracias cantámosche, Pai.