Á NOSA SEÑORA DO CARME

 
 
 

Á NOSA SEÑORA DO CARME

(Letra: Manolo Regal / Música: Antón Fdez. León)

 

 

solm             FA7 solm                      FA7            solm

- Señora santa María, nosa  naiciña do Carme,

                          FA7  solm           MIb                        FA

grazas por ser para nós apoio e conforto grande

                                 MIb         solm                   RE7          solm SOL

nas horas duras da vida cando a esperanza nos falte.

 

 

SOL              RE7            SOL                                                    lam

SEÑORA SANTA MARÍA, NOSA NAICIÑA DO CARME,

                       RE7                                                                SOL

VIGOR DA XENTE DA ALDEA, VIGOR DA XENTE DO MARE,

                            RE7     SOL                     SOL7                       DO

AMPÁRANOS GARIMOSA, NO NOSO CORPO E ESPÍRITO

                                          SOL7                   RE7                                                  SOL

ATA O DÍA EN QUE, MORRENDO, TODO EN DEUS SEXA CUMPRIDO.  

 

- Graciñas, santa María, por nos mostrar o camiño

que con certeza nos leva ata Xesús, o teu fillo.

O Cristo dos Evanxeos, o noso irmán queridiño.

 

- Co teu exemplo e alento, Señora, santa María,

aprendemos a vivir con forme ao que Deus nos pida,

traballando no común con honradez e xustiza.

 

- Que vivamos con humor gozando a vida da aldea,

servíndonos e apoiándonos, uníndonos na tarefa

de facer un mundo novo que a Deus e a nós nos contenta.

 

 

 

Contacto

Nosanaicinhadoceo

PARA PEDIR PARTITURAS OU O QUE SE NECESITE, ESTE É O MAIL DE CONTACTO. ESTAMOS PARA AXUDAR.

UNHA PETICIÓN

Moitas veces os grupos e parroquias recollen nos seus cancioneiros a música que van aprendendo e recollendo de diferentes fontes. Moitas destas cancións, por unha ou outra razón, van perdendo a autoría o que é unha verdadeira mágoa. Disfrutamos dos cantos, pero non dos autores, e xa que con esto da música non é fácil que a xente gañe cartos (si, os músicos tamén comen) e moito menos se é música relixiosa e, por riba, en galego; polo menos desde aquí queremos que os seus esforzos e o seu traballo queden recoñecidos.

Non é por falta de interés que algúns destes autores non aparezan nos cantos, xa que intentamos buscar e preguntar por diferentes medios. Tampouco é fácil conectar cos autores da nosa música, nin no facebook (supoñemos que moitos deles non están sequera conectados).

É por iso que queremos facer unha petición ós autores, ós seus grupos, ós seus familiares... que se poñan en contacto con nós para indicarnos os cantos dos que sabedes, de seguro o autor. Hai varios nos que aparecen o grupo que cantou os seus cantos ou simplemente aparece como "popular", ... precisamente para eses pedimos a vosa colaboración e que ninguén se sinta ofendido por non ver o seu nome.

Por outra banda, queremos deixar claro que nesta páxina non gañamos nin un peso coa música que aquí aparece; para nós este é o noso cancioneiro e a nosa parroquia toda Galicia, e con todos queremos compartir. O noso labor só é divulgativo... porque ese é o valor principal da Igrexa na que cremos, a solidariedade, compartir o que temos e o que somos.

Inda así sabemos que hai xente que non é partidario deste labor, polo que, se alguén non quere compartir con nós a súa música, retiraremos as súas composicións desta web se así o pedise.

Graciñas a todos.