CANTAILLE A MARÍA (m)
CANTAILLE A MARÍA
(Gaspar Calvo/Manuel Feixoo)
Cantaille a María un novo cantar.
Pois déuno-la Deus, ela é a nos Nai.
Cantaille a María un novo cantar.
-Vinde todos! Vir louvala
é pra nós a ledicia maior.
E cantando as súas glorias
engrandecen os homes a Deus.
-As estrelas e as floriñas,
pregoeiras da gloria de Deus,
adepréndenos ós homes
a grandeza da Nai do Señor.
-Hoxe canten xubilosos,
a María que é a Nai de Xesús,
a Muller sempre bendita,
que ós cegos nos trouxo a súa luz.
-Oh, mociños desta terra,
aledaivos, non haxa pesar,
que María trouxo o gozo,
ós tristeiros filliños de Adán.