SALVE, NAICIÑA (m)
SALVE, NAICIÑA
(Gaspar Calvo/Manuel Feixoo)
-Salve, Naiciña, nosa Señora!
Os teus filliños túa gracia imploran.
No teu amparo sempre confían,
nosa Señora, Santa María.
-Es Ti do ceo locente estrela.
Ti e-la fonte de vida eterna.
Vida e dozura, esperanza e gozo
para os teus filliños, cheos de noxos.
-Teus ollos dóces, de paz infinda,
enchen a alma da túa ledicia.
Oh, Nai de gracia e misericordia,
sempre os teus ollos cara nós volta.
-Ti, Flor das flores, levas no colo
o Froito Santo, o teu Fillo, o Dono,
Xesús é nome de benandancia.
Ti es, Señora, a Nai de esperanza.