MARÍA, NAI
MARÍA, NAI
(Mónica Balo)
Para ti este canto, María,
para ti Nai de tódolos homes.
As túas bágoas abren camiño,
a túa man un horizonte,
o teu si engrandece unha vida,
tamén hoxe dicimos
coma ti, si María.
TI MARÍA, E-LA NAI,
ACOMPAÑA Ó CAMIÑAR,
DÁME A TÚA MAN,
DÁME A TÚA MAN.
Renova-lo misterio da vida,
ensalza-lo teu nome, María,
cantar himnos, cantar aleluias
para ti, nosa naiciña.
Pregoámo-la túa bondade,
a gloria infinita
desa nai que é María.