BOAS NOITES, MARÍA
BOAS NOITES, MARÍA
(J.Rocha)
Boas noites che dicimos,
María, do fondal do corazón.(2)
Acolle o noso saúdo
pois cho dedicamos con amor.(2)
No teu colo, nosa Nai garimosa,
hai alivio para a dor.(2)
As túas olladas maternas,
mantéñannos fieles ó Señor. (2)
Á noitiña, cando amaina o trafego,
rematado xa o labor (2),
conforta lembrarmos de novo
que Ti nos trouxeches ó Señor.