LUCEIRO DO ABRENTE
LUCEIRO DO ABRENTE
(P.Josico- Isauro García Ramos)
SANTA MARÍA, SANTA MARÍA
ROGA POR NÓS A XESÚS.
Luceiro do abrente, luz que dás vida, Santa María,
aluma o sendeiro da alma que espere e en Ti confía.
Aluma o sendeiro da alma que espera e en Ti confía.
Estrela radiante do peregrino, Santa María,
Ti aclara-las dúbidas e gárda-los pasos de quen camiña.
A Ti acudimos nas nosas penas, Santa María;
aprétanos forte e dános a Cristo, fonte da vida.
Camiñas connosco cara ó futuro, Santa María;
sé a luz da esperanza para aqueles que agardan a paz e a xustiza.
Os nosos anceios dun mundo novo, Santa María,
serán realidade se Ti nos ensinas a dicir “Fiat”.
Naiciña bendita, dános abeiro na “noite escura”,
achégate presto ós fillos feridos pola tristura.