MARÍA, NAI
MARÍA, NAI
(Carlos Otero Padín)
MARÍA, NAI DO MESTRE E SALVADOR.
MARÍA, LUZ E SUSTENTO DO AMOR.
FERMOSA É, GARIMOSA E CELESTIAL.
CALOR DO LAR, ES TI, MARÍA, NAI.
-Preto de ti faise a paz presente,
sen Ti somos nós auga dóce do mar.
Gárdanos do mal, nosa Raíña e Señora,
desde a túa gloria non nos deixes de amar.
-Somos sen Ti a savia que non medra,
chorando de amor con bágoas de cristal.
Vén visitar os teus fillos pecadores,
cóidanos por sempre co teu amor de nai.