MARÍA, NAI DE EUCARISTÍA
VÍDEO: www.youtube.com/watch?v=1VGzli7i21w
MARÍA, NAI DE EUCARISTÍA
(Antón Fernández León)
TI ES NAI DO VERBO ENCARNADO
FUCHES O PRIMEIRO SAGRARIO.
GARDAS A XESÚS NO TEU SEO, MARÍA,
SACRAMENTO DO PAI TROCADO
EN PAN EN CADA EUCARISTÍA.
Dános acoller a Palabra
sendo coma Ti en Nazaret
boa terra na que Deus se sementa
e agroma en froitos de amor
polo noso “Amén”.
Ti estás ó pé de Xesucristo
desde que naceu ata a Cruz;
participas así na Eucaristía,
misterio de ofrenda e paixón
e Pascua de Luz.
Gracias ao Señor lle dicimos
co “Magníficat”, que cantaches feliz;
pola gracia que nos dá a Eucaristía.
El fai marabillas en nós
como fixo en Ti.