NAI DO AMOR
NAI DO AMOR
(J.A.Cantar Mariño)
Cando a angustia enche o corazón,
ábre ben os ollos, non estás só.
Ela vai ao teu lado e te axuda a camiñar.
A súa man que sembra comprensión;
o seu corazón cheo de perdón,
esperanza e vida:
do seu SI naceu o Amor.
É MARÍA A NAI DO NOSO DEUS
QUE SEMPRE VAI CON NÓS.
ELA FÁLANOS Ó CORAZÓN,
ÉNCHENOS DO SEU AMOR.
Virxe humilde a máis fermosa que fixo a man do Señor,
e-la luz de cada día, a estrela que luce mellor.
Virxe pura, dóce Naiciña que a todos deu o Señor.
Ti é-la voz da miña alma, o alento do meu corazón.