PREGARIA A NOSA SEÑORA (m)
VÍDEO: www.youtube.com/watch?v=5hF1VYOdBAw&index=68&list=UUUZplOxqnhWk6TrHoMr3tWQ
PREGARIA A NOSA SEÑORA
(David F. Castro)
Xa é noite pecha, xemen os ventos,
ruxen as ondas do mar;
o meu ben nunha lancha pequena foi a pescar.
Rézolle á Virxe do Carme por el: Ave María,
que paren os ventos, que amainen as ondas,
que chegue saniño que estou triste e soa,
cos fillos chorando de frío e de medo.
Sálvanos, Virxe María, sálvanos, sálvanos.