SALVE, RAÍÑA 1
SALVE, RAÍÑA
(Antón Fdez. León)
Salve, Raíña, Nai de misericordia,
vida, dozura, e esperanza nosa. Salve!
Por ti chamamos os desterrados,
fillos de Eva.
Por ti salaiamos, sufrindo e chorando
neste val de bágoas.
Por isto, Señora e avogada nosa
volve cara a nós eses teus ollos misericordiosos
E despois deste desterro,
móstranos a Xesús, foito bendito do teu seo.
Salve, Raíña, Nai de misericordia,
vida, dozura, e esperanza nosa. Salve!
Clementísima, piadosa,
dóce Virxe María.
Roga por nós, Santa Nai de Deus,
para que sexamos merecentes
das promesas de Xesucristo, noso Señor. Amén.