SANTA MARÍA, NAI DO SEÑOR
SANTA MARÍA, NAI DO SEÑOR
(José Luis Míguez)
Cando a noite chega e nos xuntamos para rezar,
sentimos preto a súa presenza que nos axuda a camiñar.
SANTA MARÍA, NAI DO SEÑOR,
CHEA DE GRACIA, ROGA POR NÓS.
SANTA MARÍA, NAI DO SEÑOR,
NÓS LLE CANTAMOS Ó TEU AMOR.
Somos unha parroquia (un pobo santo)
que fai camiño sen descansar,
comunidade, familia grande
que con María avanzará.
Ledos e agarimosos
cantamos hoxe á Nai de Deus.
Nosa Naiciña, nunca te esquezas
dos teus filliños, que somos nós.