VIRXE MARÍA, NAICIÑA DO CEO
VIRXE MARÍA, NAICIÑA DO CEO
(José A. Cantar Mariño)
VIRXE MARÍA, NAICIÑA DO CEO
CORAZÓN FIRME ACOLLENDO A XESÚS.
VOZ GARIMOSA, SINXELA E HUMILDE,
NAI DOS QUE SOFREN E ESTÁN XUNTO A CRUZ.
Ti sempre escoitas a voz do máis débil,
ti sempre axudas a quen ten dor.
Nai garimosa, acóllenos sempre
e nunca te esquezas de estás xunto a nós.
Ti que nos brazos, tiveches a Cristo,
fuches escrava donosa a Deus.
Virxe María, naiciña dos homes
gárdanos sempre como fillos teus.